Instituto de la Mujer
Comunicación y publicidad Compartir

Muller e medios de comunicación

A educación non formal xoga un papel fundamental no desenvolvemento da cultura sexista. Á parte dos principais axentes socializadores, a familia e a escola, os medios de comunicación e a publicidade son cada vez máis preponderantes na transmisión dunha imaxe anacrónica e estereotipada das mulleres.

Novas representacións, ás veces igualmente discriminatorias, coexisten cos estereotipos sexistas e tradicionais sobre as mulleres. Para que os valores e referentes masculinos e femininos non sexan un factor limitador á hora de configurar a identidade persoal, é imprescindible que moitos dos comportamentos, funcións e roles que desempeñan as mulleres sexan recoñecidos como valiosas formas de ser e de estar no mundo, como formas de interpretar con liberdade a diferenza sexual e non como algo que serve para xustificar as desigualdades entre mulleres e homes.

É labor do Instituto da Muller promover a igualdade entre mulleres e homes nos medios de comunicación, actuando de acordo cos obxectivos dos plans de igualdade e a lexislación vixente, que regula os contidos dos medios e a publicidade para evitar condutas que favorezan situacións de desigualdade e a utilización da imaxe das mulleres con carácter vexatorio ou discriminatorio, e segue as pautas marcadas polos acordos internacionais como a Conferencia Mundial da Muller de Beijing de 1995, ou o Plan de traballo para a igualdade de mulleres e homes 2006-2010 da Unión Europea.

Neste sentido, as accións que realiza o Instituto da Muller son as seguintes:

  • Realiza investigacións, estudos e outros traballos de análise en relación coa materia
  • Realiza campañas de publicidade dirixidas a informar e sensibilizar a cidadanía sobre a igualdade entre mulleres e homes
  • Coordina as accións encamiñadas a promover un tratamento igualitario das mulleres e dos homes na publicidade e nos medios de comunicación
  • Xestiona o Observatorio da Imaxe das Mulleres
  • Campañas de sensibilización
  • Programas y actividades

W3C. Abrirase nunha fiestra nova