Instituto de la Mujer
Observatorios Compartir

Observatorios

Os observatorios de igualdade son órganos especializados en materia de xénero e igualdade de oportunidades cuxo obxectivo fundamental é o de asesorar, analizar, avaliar e difundir toda a información relativa ás políticas transversais que sobre igualdade de xénero se están levando a cabo nos diferentes departamentos ministeriais, organismos autónomos e outras entidades, tanto públicas como privadas. Consolidar, potenciar e difundir o traballo desenvolvido por estes observatorios é un dos obxectivos estratéxicos do Plan de igualdade de oportunidades (2008-2011).

O Instituto da Muller xestiona dous observatorios de xénero, o Observatorio da Igualdade de Oportunidades e o Observatorio da Imaxe das Mulleres. Xunto a eles, cómpre facer referencia a outros observatorios que están adscritos a diferentes organismos públicos, como o Observatorio da Violencia, que está adscrito ao Ministerio de Igualdade a través da Delegación do Goberno para a Violencia de Xénero.

W3C. Abrirase nunha fiestra nova