Instituto de la Mujer
Servicios y recursos Compartir

Servizos e recursos

O Instituto da Muller quere poñer á disposición da cidadanía todos os recursos e a información do modo máis sinxelo e cómodo que permita chegar ao maior número de persoas posible.

Para acadar este obxectivo, consideramos que é necesario que, a través do web, se estenda ao máximo o acceso en liña a todos os nosos servizos.

Neste sentido, o Instituto publica as convocatorias e licitacións e facilita a concertación en liña de exposicións. Ademais, neste apartado podes acceder á base de datos documental e bibliográfica e á hemeroteca, así como ao noso centro de publicacións no que traballamos para facilitar un volume significativo de publicacións dixitalizadas e de libre acceso.

Tamén queremos ofrecerche información sobre outros recursos relacionados coa igualdade a través de ligazóns a organismos internacionais e a posibilidade de buscar na túa comunidade autónoma os centros de atención ás mulleres da túa localidade.

Por último, o Instituto realiza un labor de asesoramento en materia de non discriminación, e podes dirixirte a el en liña para realizar as túas consultas e formular as túas denuncias, así como informarte sobre os teus dereitos en materia de trata de persoas.

É o noso obxectivo e seguimos traballando para que teñas á túa disposición cada vez máis servizos e máis información.

Novedades

W3C. Abrirase nunha fiestra nova