Instituto de la Mujer
Cómo trabajamos Compartir

Como traballamos

A actividade de promoción e o fomento das condicións que posibiliten a igualdade social de ambos os sexos e a participación das mulleres na vida política, cultural, económica e social que é desenvolvida polo Instituto da Muller no cumprimento dos seus fins, formalízase habitualmente a través da sinatura de convenios de colaboración con outros ministerios e coas comunidades autónomas, así como con entidades locais e outras institucións públicas e privadas dos ámbitos cultural, educativo, deportivo, económico e social.

O Instituto da Muller, mediante a convocatoria de diferentes liñas de axudas e subvencións, financia proxectos dirixidos á posta en práctica das políticas de igualdade promovidas polo Instituto e á realización de actividades dirixidas ao fomento da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, e para impulsar a investigación sobre xénero e o coñecemento da situación das mulleres.

Ademais, publica obras e diverso material informativo e de divulgación co fin de difundir o coñecemento sobre e das mulleres. Tamén desenvolve proxectos de coedición con outras editoriais e recompila documentación sobre as mulleres en materias diversas para que poida ser consultada pola cidadanía.

Desde a incorporación de España á Unión Europea, o Instituto vén xestionando unha parte moi importante de fondos europeos. Na actualidade intermedia e xestiona proxectos no ámbito dos programas operativos de loita contra a discriminación, cofinanciados polo Fondo Social Europeo, e do Programa operativo de asistencia técnica e gobernanza, cofinanciado polo FEDER.

Gestión de fondos europeos

W3C. Abrirase nunha fiestra nova