Instituto de la Mujer
Denuncias de discriminación por razón de sexo Compartir

Como podes denunciar?

O Instituto da Muller ten, entre as súas funcións, a de recibir e canalizar, na orde administrativa, denuncias formuladas por mulleres en casos concretos de discriminación de feito ou de dereito por razón de sexo.

Toda persoa que considere que está a ser discriminada por razón de sexo pode dirixirse a este organismo para expoñer os feitos causantes desa discriminación, achegando os seguintes datos:

  • Datos persoais: nome, apelidos e enderezo.
  • Identificación da persoa, entidade ou empresa autora deles.

Enviar o modelo de denuncia (Área de descargas):

  • Por carta: Instituto da Muller (área xurídica)

    R/ Condesa de Venadito nº 34. 28027 Madrid

  • Por correo electrónico: juridico@inmujer.es

As denuncias recibidas son remitidas aos organismos públicos competentes, aos que se traslada toda a documentación achegada.

As denuncias non son remitidas a órganos xudiciais en ningún caso. Ten que ser a persoa interesada a que acuda a eles.

Modelo de denuncia. Arquivo doc.  Abrirase nunha nova fiestra (72 Kb)

W3C. Abrirase nunha fiestra nova